Ego&me ven a presentar un dobre proxecto, cun mesmo título e tema. Prantéxase un guión para unha curtametraxe e outra para unha obra teatral.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgQ80yHPcZDqvtbZu4XS3ONoedBj0Q206N-AlaZvIuk2dCfm5YbxO7HKK4sxraYsQmU9mhSYEOePWGq98Qm6RNwj-j4EX_adhpvZuXjXsYO6qlMlgjb3BTj6btVnV5hATVH-Uqbp2_FArY/s320/mascara1.jpg)
A curtametraxe comezará a súa andadura preprodutiva arredor do mes de abril de 2010, en canto á montaxe teatral,
posporase até o verán de 2010, podendo chegar a presentarse, oficialmente, en setembro dese mesmo ano.
~Ambientado nunha hipotética idade media, o Príncipe Próspero herdará un feudo rico e de crecente poboación. Nunca suporá que, anos despois de gobernar con boa man o seu reino, a súa vaidade e orgullo se verán ameazados por un terríbel inimigo, invisíbel e imparábel...~