15 feb 2010

x25690


        Xusto a finais do ano 2009 a produción foi levada a unha produtora externa, a que sería a encargada da parte técnica e conseguiríase a colaboración técnica de son, que correría a cargo do estudo 2711 Records.

        Os andares desta produción son lentos e con constantes cambios de rumbo, pero chegará a bo porto coa colaboración de tódalas persoas que colaboran con empeño no proxecto.

        Para máis información sobre esta produción, ou para as actrices/actores ou técnicos, non dubidedes en contactar con actoresx25690@consultant.com.

        Xa existe un acordo con Ut producións para levar a cabo a mediametraxe, nestes momentos estase a desenvolver o proceso de guionización do texto. 
       Está aberto o envío de curriculums até o día 5 de marzo de 2010. O 19 dese mesmo mes a xente selecionada para as probas será informada da decisión.

Anímate! 

18 ene 2010

A máscara da Morte Escarlata

Ego&me ven a presentar un dobre proxecto, cun mesmo título e tema. Prantéxase un guión para  unha curtametraxe e outra para unha obra teatral.



A corte dramática, os personaxes e a propia trama veñen adaptados de "The Masque of the Red Death" de Edgar Allan Poe.


A curtametraxe comezará a súa andadura preprodutiva arredor do mes de abril de 2010, en canto á montaxe teatral,
posporase até o verán de 2010,  podendo chegar a presentarse, oficialmente, en setembro dese mesmo ano.



~Ambientado nunha hipotética idade media, o Príncipe Próspero herdará un feudo rico e de crecente poboación. Nunca suporá que, anos despois de gobernar con boa man o seu reino, a súa vaidade e orgullo se verán ameazados por un terríbel inimigo, invisíbel e imparábel...~


"E a escuridade, a corrupción e a Morte Escarlata invadírono todo"

23 dic 2009

Corpus

     Para o mes de xaneiro de 2010, ego&me ten como proxecto unha sesión fotográfica nomeada corpus. A relación de persoal e colaboradores está por confirmar, pero contará da presenza de dous fotógrafos (un da produtora e un convidado). Participarán dous modelos, un feminino e un masculino. Os postos de asesoría estilística, maquillaxe e perrucaría están por confirmar; irase actualizando a información.



     A inspiración ven dada da simboloxía relixiosa cristiana medieval e da súa reinterpretación que varios artistas teñen feito. Dándolle unha volta a esta idea, a dirección desta sesión está a buscar o necesario para crear unha estética da inspiración citada como trasfondo da propia produción.


A estética escura e pesimista creada contraporase coas atitudes calmas dos modelos e coa maneira de amosar o físico destes. Xogos de luces sombra e, sobre todo, emocións.

22 dic 2009

·Shaod

    O sábado 12 de decembro de 2009 realizouse unha sesión fotográfica no parque de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela. Participaron nela tres modelos (Adriel Taboada, Heba Suarez e Laura Rodriguez Toledo). A maquillaxe correu a cargo de Adrián Lamas, así como a asesoría estilística, mentres que foi Diego Enríquez o encargado da perrucaría.






     O vestiario e a organización correron a cargo da propia produtora. Foron Marta Suarez e Andrea Picos as fotógrafas convidadas á sesión, mentres que Santi Piñeiro Edreira foi o fotógrafo da plantilal de ego&me. A sesión tomou preto de catro horas e o resultado é o que se pode admirar nas fotografías.





A novidade desta sesión débese ao número de fotógraf@s e a situación á que foron sometidos; non había nin obxectivo nin interpretación previa da situación, maquillaxe ou vestiario dos modelos, e foi cada fotógrafa convidada a responsábel de reinterpretar o que o director, o fotógrafo de ego&me, tiña en mente.


~X25690~

        Este proxecto naceu a finais de 2007, e foi ideado de costas ao traballo que a produtora Dárdanos, a orixinal encargada do proxecto, estaba a seguir neses mometos.
         Esta idea púxose a rodar preto de un ano despois dentro da produtora, pero sería unha das que caiu no baúl dos esquecementos, sen que nunca se volvera saber nada dela.
         No ano 2009 o último proxecto (defindo como X25690, a agarda dun nome) vólvese  tomar por un refundido grupo Dárdanos. Esta nova produción ten un enfoque cinemático e a día de hoxe están a se ultimar o guión e máis o proceso pre-produtivo.
         Paradoxicamente, Dárdanos deuse no esquecemento, como grupo, a finais de 2008, e só quedarían restos do proxecto de produción nas mentes dos antigos e antigas compoñentes.
         Foi xa ben entrado o ano 2009, en setembro, durante unha comida de amigos e amigas, cando se retomou a trama deste proxecto.
         A coincidencia dun novo grupo de ideólogos e ideólogas levou á reestruturación do X25690. Tan só un mes depois este novo grupo xa tiña nas mans o proxecto pre-produtivo detallado. Hoxe en día estase a traballar no guión e nos últimos detalles da nova produción.



         Xusto a finais do ano 2009 a produción foi levada a unha produtora externa, a que sería a encargada da parte técnica e conseguiríase a colaboración técnica de son, que correría a cargo do estudo 2711 Records.

Os andares desta produción son lentos e con constantes cambios de rumbo, pero chegará a bo porto coa colaboración de tódalas persoas que colaboran con empeño no proxecto.

Para máis información sobre esta produción, ou para as actrices/actores ou técnicos, non dubidedes en contactar con actoresx25690@consultant.com.